Chegan os sorteos #VAIDEPINCHO!

VAIDEPINCHO

Sabes cal e a mellor imaxe dun peixe? Aquela que fagas ti!!! Pero nesta ocasión dámoslle unha volta máis, ten que ser a fotografía dun pincho feito cun produto da pesca, do marisqueiro ou da acuicultura (fresco ou en conserva). Se a túa é premiada terás unha subscrición anual a algunha das seguintes plataformas: Spotify, Netflix ou HBO.

Porque os pinchos feitos a base de peixe son deliciosos, pero se teñen premio aínda estarán máis ricos. Así que recorda tomarlle unha imaxe antes de comelo e subir a publicación ao teu Instagram (lembra que para que poidamos ten en conta a túa delicia o teú perfil debe ser público) @vaidepeixe e engade os cancelos #vaidepeixe e #vaidepincho ten premio.

Non o dubides e anímate a facer esa fotografía, que ten premio. E para ter máis oportunidades sube a Instagram tantas imaxes como pinchos teñas nos teus pratos. Se queres podes incluír na túa publicación a aqueles que te acompañen no momento no que estes tomando a fotografía. 

O vindeiro día 9 realizarase o primeiro dos catro sorteos previstos para este mes. De cada sorteo saíran dous gañadores que poderán escoller a plataforma á que queren quedar subscritos por un ano. Non te preocupes se o teu perfil non resulta premiado ese día quedará acumulado para os seguintes sorteos que se realizaran o 16, 23 e 25 de xuño.

Para participar deberás ser residente en Galicia e ter entre 18 e 35 anos. Se cumpres estes dous requisitos, estes son os pasos que debes seguir. As publicación participantes serán incluídas nunha galería aloxada na app de Easypromos.

Podes participar todas as veces que queiras e tes de prazo ata as 11:59 horas do 25 de xuño de 2020.

A continuación podes ler as bases.