Que é vai de peixe?

Que é vai de peixe

Cada vez estamos máis concienciados co que comemos, preocúpanos a composición dos produtos que compramos e como estes impactan sobre o medio ambiente. Especialmente a mocidade.

Segundo varios estudos, Millennials e Xeración Z, debido á falta de tempo, estudos ou vida laboral, non se alimentan correctamente e abusan da comida rápida ou a domicilio.

Iso si, gústanlle os hábitos máis saudables e están máis abertos a incorporalos nas súas vidas. A pesar disto, o peixe non está entre os produtos que máis consumen. E iso é precisamente o que imos cambiar.

A Xunta de Galicia presenta VAI DE PEIXE, unha campaña para fomentar o consumo de produtos do mar e da acuicultura entre a mocidade galega. Todo ten un comezo e o noso, como galegas e galegos, é o mar.

O reto: cambiar os hábitos da xente moza, xerar unha maior concienciación e axudarlles a levar unha vida máis sá a través do consumo dos produtos da pesca e da acuicultura. Imos conseguir que os produtos do mar sexan habituais na nosa dieta. Súmaste?