PREPÁRATE! XA ESTÁ AQUÍ VAI DE LETRAS 2

Queda moi pouco para o Día das Letras Galegas e queremos celebralo con todos vós. Recuncamos e lanzamos por segundo ano o concurso “Vai de Letras”. Con el esperamos que as vosas palabras nos leven a outros tempos e outros lugares. Sempre relacionados co mar e o peixe, por suposto!
Para participar e optar ao premio dun bono de 100 € en libros para utilizar nas librarías da Federación de Librarías de Galicia adheridas ao Carné Xove e un teléfono móbil intelixente deberás ser residente en Galicia e ter entre 18 e 35 anos. Se cumpres estes dous requisitos, estes son os pasos que debes seguir:
- Entra nesta páxina: https://pr.easypromosapp.com/p/918153
- Completa o texto que che propoñemos cunha proposta inédita e orixinal en lingua galega que teña como máximo 150 palabras, sen ter en conta as palabras do texto de arranque.
- Os textos que pasen desta extensión quedarán excluídos de forma automática do concurso. Un xurado composto por 3 persoas seleccionará unha única proposta gañadora, tendo en conta a orixinalidade, a redacción e calidade lingüística e a aproximación á temática escollida.
Podes participar unha soa vez e tes de prazo ata as 11:59 horas do 20 de maio de 2021.
A continuación podes ler as bases