
A importancia dunha alimentación saudable foi o tema principal da súa intervención, que animou a máis dun centenar de mozos e mozas a consumir máis produtos do mar e probar novas receitas onde o peixe e o marisco son os protagonistas.
A sesión rematou cunha demostración práctica na que a atleta deu indicacións sobre os exercicios que realiza nos seus adestramentos e preto de 20 alumnas e alumnos practicaron o triplo salto seguindo os consellos de Ana.
Esta acción enmárcase no Vaidepeixetour, que continúa o seu percorrido esta semana polas zonas estudantís galegas:
26/11 |
Campus de Elviña, Universidade da Coruña |
27/11 |
Campus de Ferrol, Universidade da Coruña |
28/11 |
Campus de Lugo, Universidade de Santiago de Compostela |
29/11 |
Campus de Ourense, Universidade de Vigo |