TikTok
Arranca o #VAIDEPEIXETOUR

Eva Iglesias na primeira parada do #vaidepeixetour

Cantas veces á semana comes peixe e marisco? Sabes atopar a peixería no supermercado? Cantas patas ten un polbo? E se un mexillón non abre cando o coces, debes abrilo ou non? Estes son só catro exemplos da batería de preguntas que a presentadora Eva Iglesias fixo esta mañá ao estudantado de Santiago de Compostela na primeira parada do Vaidepeixetour.

O tráiler de Vai de peixe, situado na praza Rodríguez Cadarso do Campus Sur, atraeu a máis dun centenar de estudantes, que puxeron a proba os seus coñecementos sobre os produtos do mar.

Cales son as seguintes paradas?

O camión percorrerá zonas estudantís galegas ata o venres, 29 de novembro, para ofrecer showcookings onde os millennials poderán aprender a facer receitas sinxelas onde o peixe e o marisco son os protagonistas.

Queres saber cando te poderás encontrar con el? Atento ás datas:

19/11

Campus de Pontevedra, Universidade de Vigo

20/11

Campus Vigo, Universidade de Vigo

22/11

Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira

25/11

Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física, Universidade da Coruña (con Ana Peleteiro) 

26/11

Campus de Elviña, Universidade da Coruña

28/11

Campus de Lugo, Universidade de Santiago de Compostela

29/11

Campus de Ourense, Universidade de Vigo

02/12

Campus Ferrol, Universidade da Coruña