Que hai na miña neveira?

Participa no sorteo!

Foto Concurso Coque

Que hai na miña neveira?

Queres gañar unha cámara instantánea e un Carné Xove? Participa no sorteo!

Desde Vai de peixe queremos saber que produtos do mar son os protagonistas do teu frigorífico. Por iso, lanzamos o concurso "Que hai na miña neveira?" a través do que poderás gañar unha cámara instantánea Fujifilm Intax Mini 9 e un Carne Xove.

Para participar e optar ao premio deberás ter máis de 18 anos e seguir estes sinxelos pasos:

  1. Darlle gústame á esta publicación de @coquemacho ou a esta de @vaidepeixe
  2. Seguir a @vaidepeixe, a @xuventude_punto_net e a @coquemacho
  3. Deixar un comentario nesta publicación dicindo cal é o peixe que non falta na túa neveira e as contas de dous amig@s.

Podes deixarnos todos os comentarios que desexes, sempre mencionando a persoas diferentes. Tes de prazo ata as 16:00 horas do venres 20 de decembro de 2019.

A continuación podes ler as bases 


Bases sorteo “Que hai na miña neveira?”

Entidade organizadora

A Consellería do Mar, con domicilio en Edificio Administrativo San Caetano s/n15704 Santiago de Compostela, con enderezo electrónico cma.conselleria@xunta.gal e teléfono 981544001 pon en marcha o sorteo de Instagram “Que hai na miña neveira?”incentivando a participación coa fin de promocionar a campaña @vaidepeixe.

Participantes

Poderán participar na promoción todos os interesados maiores de 18 anos e residentes en España.

Participación e mecánica

Para participar no sorteo e optar ao premio, os participantes deberán cumplir coa mecánica que se detalla a continuación:

1- Darlle Gústame ás publicacións de @coquemacho ou de @vaidepeixe que fan referencia ao sorteo

2- Seguir a @vaidepeixe, a @xuventude_punto_net e seguir a @coquemacho

3- Mencionar nun comentario  o peixe que non falta na túa neveira e a 2 amig@s.

Pódese participar un número ilimitado de veces, sempre mencionando persoas diferentes.

Período e ámbito de aplicación

O prazo de participación estenderase desde o 12 de decembro de 2019 ás 21.00 h ata o 20 de decembro de 2019 ás 16.00 h. 

Premios

Entre todas as participación válidas sortearase unha cámara instantánea Fujifilm Instax 9 Azul Cobalto - Lente macro, 1/60 sec, f=60 mm, 1:12.7, Flash e un carné xove.

O premio non se pode canxear por diñeiro.

O premio está suxeito ás condicións e ofertas que se presenten pola entidade proveedora do servizo. Non inclúe posibles gastos extras derivados fóra dos xa estipulados neste apartado. A Consellería do Mar non se responsabiliza ante calquera anulación ou incidencia do servizo por parte da entidade proveedora, podendo substituirse o premio en caso necesario por un equivalente.

A Consellería do Mar non se responsabiliza de posibles perdas, deterioros, roubos ou calquera outra circunstancia imputable a terceiros que poidan afectar ao desenvolvemento da presente promoción.

Asimesmo, a Consellería do Mar non se responsabiliza de calquera dano ou prexuizo que os agraciados do premio do presente sorteo poideran sufrir por calquera causa dependendo do premio, vindo obrigados ditos agraciados a subscribir no momento de recibir o premio, o correspondente documento de exoneración de responsabilidade.

Comunicación do gañador

A Consellería do Mar anunciará o gañador a través do perfís de Instagram de Coque Macho, @vaidepeixe e @xuventude_punto_net. Poñeranse en contacto co gañador a través de dita plataforma para confirmar a aceptación do premio. Os gañadores deben confirmar a aceptación do premio nun prazo máximo de 3 días naturais a contar desde o seguinte á notificación, para manifestar, se acepta ou rexeita o premio. Para isto deberán responder no sistema de mensaxería privada de Instagram a aceptación do premio. 

Se non hai resposta neste prazo estipulado, procederase a seleccionar outro usuario suplente.

A Consellería do Mar non se fai responsable de non poder contactar co gañador e, por conseguinte, que non se poda outorgar o premio. Asimesmo, a Consellería do Mar comunicará ao público xeral o nome do gañador nas redes sociais de @vaidepeixe.

Causas de descalificación dun participante da promoción:

A presente promoción pretende que a competición entre os distintos participantes se faga con igualdade de oportunidades e con estricto respecto ás normas da boa fe. Por ese motivo, a Consellería do Mar descalificará automática e inmediatamente da promoción a calquera participante que infrinxa as normas de boa fe, observe unha conducta mendaz, inadecuada, falaz ou impropia, empregue medios desproporcionados, fraudulentos ou abusivos, ou incumpla estas bases en calquera dos seus extremos.

Aceptación das condicións do sorteo

A participación no sorteo supón a aceptación plena e incondicional destas condicións xerais por parte de cada participante. A organización resérvase a posibilidade de cambio, modificación ou cancelación do presente sorteo por causa xusta. A organización non será responsable se por causas alleas ou de forza maior, o sorteo non poidera levarse a cabo nalgún dos seus termos especificados anteriormente, sen outra obriga para os organizadores, que a publicación da nova mecánica por similares medios aos empregados para a difusión do mesmo.

Datos persoais

Dado que o contacto co gañador será a través das redes sociais desde as que poderá participar, a Consellería do Mar non recollerá ningún dato de contacto persoal dos usuarios participantes.

A participación nesta promoción supón a autorización de uso á Consellería do Mar do nome e imaxe dos participantes agraciados para a publicación da lista de gañadores.

Lei aplicable e xurisdicción competente

Esta Promoción e as súas Bases ríxense pola lexislación española. Para a resolución de calquera controversia ou litixio que poidera xurdir en relación a esta promoción, e/ou coa interpretación ou execución das presentes bases legais, tanto o Organizador coma os Participantes renuncian ao foro que poidera corresponderlles e sométense expresamente aos Xulgados e Tribunais da cidade de Santiago de Compostela.