Produtos do mar: cal é a túa escusa para non consumilos?

Cociñar peixe é fácil

Segundo un estudo de AECOC que analiza o perfil da xente nova non consumidora de produtos pesqueiros, o 76% dos españois de entre 20 e 35 anos considera que debería comer máis pescado, a lo menos dúas veces á semana, para manter unha alimentación máis saudable. Entre as razóns que o citado informe indica que frean á xeración millennial ante o consumo deste tipo de produtos atópanse a falta de tempo, debido ao seu acelerado ritmo de vida; a súa difícil elaboración e o seu prezo.

Pero, é preparar un prato de pescado un proceso tan longo e laborioso como din? A xente nova descártao porque as outras opcións son realmente máis baratas? Canto hai de verdade nestes motivos para non consumir produtos do mar?

“Cociñar pescado leva moito tempo”

Limpar escamas, sacar espiñas... Semella que só de pensar en canto pode levar facer un prato con peixe ou marisco, a preguiza invade aos millennials, que optan por alternativas que, aparentemente, implican un menor tempo de preparación.

Pero todos aqueles que gocen cociñando, deben saber que os produtos do mar son, sen dúbida, un dos seus grandes aliados, sempre tendo como obxectivo aforrar tempo, pero non renunciar a unha dieta equilibrada. Cunha soa visita á peixería, poden levar á casa ingredientes para preparar receitas tales como sopas ou guisos de peixe e marisco que permiten facer varias racións dunha soa vez, para así conxelar e contar sempre cunha opción saudable dispoñible.

“Cociñar pescado é moi complicado”

Existen hoxe numerosas opcións que facilitan o consumo dos produtos do mar sen pasar un día enteiro seguindo arduas instrucións entre os fogóns. Entre elas están os lombos de especies como pescada ou bacallau, practicamente listos para preparar na casa, ou diferentes peixes que se venden ao corte, que admiten variadas elaboracións sen grande esforzo.

Tendo o móbil na man case permanentemente, cunha busca rápida en Google, calquera millennial  pode chegar a receitas que son rápidas e sinxela, incluso se só ten unhas nocións básicas de cociña. En cru, ao vapor ou mariñado son algunhas das preparacións máis simples de produtos do mar que dan lugar a pratos saborosos, tan apetecibles que calquera foodie estará encantado de compartir cos seus seguidores.

“Os produtos do mar son máis caros”

Para unha xeración que conta con recursos limitados, o prezo é fundamental á hora de decidirse polos ingredientes dos seus pratos. E en xeral, existe unha percepción de que os produtos do mar son máis caros que outros alimentos. Emilia Cancer Minchot, membro da área de nutrición da Sociedade Española de Endocrinoloxía e Nutrición, declarou no último ano que é verdade que hai alimentos que poden resultar caros, pero que "se pode aforrar se se compran as froitas de tempada, as verduras conxeladas ou os pescados ultraconxelados". Por iso, cando falamos de consumir peixe e marisco, debemos ter en conta que, ademais dos frescos, existen alternativas que posibilitan unha redución do prezo da cesta da compra. Entre elas atópanse os conxelados e as conservas, que ademais manteñen todas as propiedades nutricionais do produto.