BASES SORTEO "AS MELLORES FESTAS DO CARME DE GALICIA"

Sorteo Festas do Carme vaidepeixe

1.- ENTIDADE ORGANIZADORA DO SORTEO

A Consellería do Mar, con domicilio en Edificio Administrativo San Caetano s/n 15704 Santiago de Compostela, con enderezo electrónico cma.conselleria@xunta.gal e teléfono 981544001 pon en marcha o conxunto de sorteo AS MELLORES FESTAS DO CARME DE GALICIA (en adiante o SORTEO) incentivando a participación co fin de promocionar a campaña @vaidepeixe.

A xestión do SORTEO realizaraa Reclam Publicidad Marketing y Artes Gráficas SAU, con domicilio en R/ Durán Loriga 2 2º A Coruña (15003) e con enderezo electrónico hola@reclam.es, previo consentimento por escrito da Consellería do Mar e asinado por ámbalas dúas partes.

2.-DATA DE INICIO E DATA DE FINALIZACIÓN

O SORTEO iniciarase ás 13.00 horas do día 13/07/2020, e finalizará ás 11.59 horas do día 20/07/2020.

3.- REQUERIMENTOS DE PARTICIPACIÓN E MECÁNICA DO SORTEO

  • Poden participar nesta promoción todas as persoas que teñan entre 18 e 35 anos no momento da participación no SORTEO e que sexan residentes en Galicia.
  • Os datos que acheguen os/as participantes deben ser veraces.
  • Os participantes poden participar no SORTEO as veces que o desexen.

O SORTEO ten a seguinte mecánica:

  1. Seguir a @vaidepeixe en Instagram.
  2. Darlle a Gústame na publicación que fará VAIDEPEIXE no seu Instagram referida ao SORTEO.
  3. Mencionar nun comentario que vila mariñeira ten as mellores festas do Carme e 2 perfís de amizades cos que comparte esas festas. Pódese participar un número ilimitado de veces, sempre mencionando perfís de Instagram diferentes.

4.- CONDICIÓNS DO SORTEO E PREMIOS

A selección dos gañadores levarase a cabo a cabo mediante sorteo simple a través da app de Easypromos. Haberá un único sorteo que proporcionará 1 gañador e 10 suplentes.

Aqueles comentarios que se fagan baixo as condicións explicadas no epígrafe anterior serán incluídas na app de Easypromos.

Os participantes no SORTEO poden facer uso das redes sociais para difundir o SORTEO e incentivar a participación.

A organización do SORTEO resérvase o dereito de eliminar a algún participantes se detecta algunha actividade sospeitosa de ser ilícita ou se o gañador da votación do xurado non cumpre os criterios marcados nas presentes bases.

No caso de producirse isto, o primeiro participante suplente determinado polo sorteo ascenderá á posición de gañador.

Premios e comunicación dos gañadores

Na promoción sortearanse 1 subscrición anual a unha das seguintes plataformas (o gañador pode elixir): Spotify, Netflix, HBO.

Os gañadores serán comunicados a través da plataforma Easypromos e mediante enlace nos diferentes medios dixitais de VAIDEPEIXE, nomeadamente Instagram, Facebook e vaidepeixe.gal. A organización do concurso tamén se poñerá en contacto co gañador a través da plataforma de mensaxería privada de Instagram para confirmar a aceptación do premio, que se deberá realizar nun prazo máximo de 3 días naturais a contar desde o día seguinte á notificación. Para isto deberán responder no sistema de mensaxería privada de Instagram. Se non hai resposta no prazo estipulado, pasarase a seleccionar outro usuario suplente.

A Consellería do Mar non se fai responsable de non poder contactar co gañador e, por conseguinte, que non lle poida outorgar o premio.

5.- LIMITACIÓNS

De evidenciarse que calquera dos participantes non cumpre os requirimentos esixidos nestas bases ou os datos proporcionados para participar non son válidos, a súa participación considerarase nula e quedarán automaticamente excluídos do SORTEO, perdendo todo dereito sobre os premios outorgados en virtude deste SORTEO.

Non poderán participar no SORTEO as seguintes persoas:

1. Traballadores por conta allea ou empregados en calquera das entidades con personalidade xurídica vinculadas á Consellería do Mar.

2. Calquera outra persoa física que teña participado directa ou indirectamente na organización do SORTEO ou que se involucrase directa ou indirectamente na súa preparación ou desenvolvemento (axencia, provedores, etc.).

Os premios entregados non son transferibles nin susceptibles de cambios, alteracións ou compensación a petición dos participantes, non podendo ser trocado por calquera outro produto ou diñeiro.

A Consellería do Mar resérvase o dereito, se concorre xusta causa previa comunicación en forma legal, de efectuar calquera cambio, suspender ou ampliar o SORTEO.

Correrán a conta e cargo da persoa gañadora calquera carga fiscal ou tributaria que a aceptación do premio puidese suporlle, así como calquera outro gasto derivado da promoción que non estea expresamente asumido pola Consellería do Mar nas presentes Bases.

Establécese un prazo de 7 días hábiles desde a data da concesión do premio, para efectuar calquera reclamación motivada. A Consellería do Mar resérvase, no caso de obrigada necesidade, o dereito de substituír os premios por outro de similares características.

6.- PUBLICACIÓN DE COMENTARIOS OU OPINIÓNS

Non se permitirán comentarios ou opinións cuxo contido se considere desaxeitado, que sexan ofensivos, inxuriosos ou discriminatorios ou que puidesen vulnerar dereitos de terceiros. Tampouco se permitirán comentarios contra un particular que vulneren os principios de dereito á honra, á intimidade persoal e familiar e á propia imaxe. Non nos responsabilizaremos dos danos ocasionados polos comentarios que fagan os participantes do SORTEO e que en calquera momento puidesen ferir a sensibilidade doutros participantes.

7.- EXONERACIÓN DE RESPONSABILIDADE

A título enunciativo, pero non limitativo, a Consellería do Mar non se responsabiliza das posibles perdas, roubos, atrasos ou calquera outra circunstancia imputable a terceiros que poidan afectar ao desenvolvemento do presente SORTEO, así como tampouco se responsabiliza do uso que faga o participante ao respecto do premio que obteña deste SORTEO, e non asume ningunha responsabilidade por ningún dano ou prexuízo de calquera tipo que puidesen sufrir os participantes, gañador ou terceiros.

A Consellería do Mar non asume a responsabilidade en casos de forza maior ou caso fortuíto que puidesen impedir a realización do SORTEO ou do goce total ou parcial do premio. No caso de que este SORTEO non puidese realizarse, ben por fraudes detectados, erros técnicos, ou calquera outro motivo que non estea baixo o control da Consellería do Mar e que afecte ao normal desenvolvemento do SORTEO, a Consellería resérvase o dereito a cancelala, modificala ou suspendela, incluíndo a páxina web de participación.

8.- FACEBOOK/INSTAGRAM

O presente SORTEO non está patrocinado, avalado, administrado nin asociado en modo algún a Instagram/Facebook polo que os Participantes liberan a Facebook de toda responsabilidade polos eventuais danos que se deriven da mesma.

9.- PROTECCIÓN DE DATOS PERSOAIS

A entidade responsable do tratamento dos seus datos é Reclam Publicidad Marketing y Artes Gráficas SAU, con domicilio en R/ Durán Loriga 2 2º A Coruña (15003).

De conformidade co establecido na normativa aplicable en materia de protección de datos, e concretamente no Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, do 27 de abril de 2016, relativo á libre circulación destes datos, cada Participante, coa aceptación destas bases legais consinte que os datos persoais facilitados para a participación neste SORTEO sexa incorporados nun ficheiro titularidade de Reclam Publicidad para tramitar a participación no SORTEO e para comunicarlle o premio á persoa gañadora.

Informámoslle de que os seus datos persoais de contacto serán utilizados para as seguintes finalidades.

1. Control do correcto funcionamento do SORTEO.

2. Comunicación da/s persoa/s gañadora/s no caso de ser necesario.

As persoas Participantes garanten que os datos persoais facilitados son veraces e fanse responsables de comunicar a Reclam calquera modificación. Reclam resérvase o dereito a excluír do presente SORTEO a toda persoa participante que facilitase datos falsos. Recoméndase ter a máxima dilixencia en materia de protección de datos mediante a utilización de ferramentas de seguridade, sen que se poida responsabilizar á Consellería do Mar de subtraccións, modificacións ou perdas de datos ilícitas.

As persoas participantes teñen dereito a:

1. Acceder aos seus datos persoais, así como a

2. solicitar rectificación dos datos inexactos ou, no seu caso, solicitar a súa supresión

3. solicitar a limitación do tratamento dos seus datos,

4. opoñerse ao tratamento do seus datos e

5. solicitar a súa portabilidade.

As persoas participantes poden exercer todos estes dereitos na seguinte dirección de correo electrónico dpo@reclam.es indicando o motivo da súa petición.

As persoas Participantes poden tamén, enviar a súa petición por correo ordinario á seguinte dirección: R/ Durán Loriga 2 2º A Coruña (15003).

Sen prexuízo de calquera outro recurso administrativo ou acción xudicial, a persoa participante terá dereito a presentar unha reclamación ante a autoridade de control, en particular no Estado membro no que teña a súa residencia habitual, lugar de traballo ou lugar de suposta infracción, no caso de que considere que o tratamento dos seus datos persoais non é axeitado á normativa, así como no caso de non ver satisfeito o exercicio dos seus dereitos.

A autoridade de control ante a que se presentara na reclamación informará ao reclamante sobre o curso e o resultado da reclamación.

Para máis información, podes consultar a política de privacidade de VAIDEPEIXE a través da seguinte ligazón: https://vaidepeixe.xunta.gal/gl/aviso-legal.

10.- CAMBIOS

A Consellería do Mar resérvase o dereito de modificar ou ampliar estas bases promocionais, na medida que non prexudique ou menoscabe os dereitos das persoas participantes no SORTEO.

11.- LEXISLACIÓN APLICABLE E XURISDICCIÓN

Estas bases legais rexeranse de conformidade á lei española. Serán competentes para resolver calquera reclamación ou controversia que puidese propor en relación coa validez, interpretación ou cumprimento destas bases os Xulgados e Tribunais da cidade da Coruña.