COLLE LAPIS E PAPEL: CHEGA VAI DE LETRAS!

vaideletras banner

“Queremos a vida como queremos o peixe, sen espiñas, pero...” Dinos, como seguirías esta frase?

Queda moi pouco para o Día das Letras Galegas e queremos celebralo con todos vós. Por iso, lanzamos “Vai de Letras”, un concurso co que esperamos que as vosas palabras nos leven a outros tempos e outros lugares. Sempre relacionados co mar e o peixe, por suposto!

Para participar e optar ao premio dun pack de libros e un teléfono móbil intelixente deberás ser residente en Galicia e ter entre 18 e 35 anos. Se cumpres estes dous requisitos, estes son os pasos que debes seguir:

  1. Entra nesta páxina: https://pr.easypromosapp.com/p/892513
  2. Completa o texto que che propoñemos cunha proposta en lingua galega que teña como máximo 150 palabras, sen ter en conta as palabras do texto de arranque.

Os textos que pasen desta extensión quedarán excluídos de forma automática do concurso. Un xurado composto por 3 persoas seleccionará unha única proposta gañadora, tendo en conta a orixinalidade, a redacción e calidade lingüística e a aproximación á temática escollida.

Podes participar unha soa vez e tes de prazo ata as 11:59 horas do 28 de maio de 2020.

A continuación podes ler as bases.

BASES-VAIDELETRAS-GAL.pdf