TikTok
Guía VAIDEPEIXE para ser un chef de primeira: nivel básico

Guía VAIDEPEIXE para ser un chef de primeira: nivel básico

Cocido

Sabémolo: nun principio pode parecer un pouco aburrido. Pero o peixe cocido é unha forma perfecta de iniciarte na cociña se aínda non tes moita práctica nos fogóns. Ademais, o resultado é un prato moi lixeiro, apto para todos.

Con que acompañalo: Patacas e cenorias cortadas en anacos grandes, que cocerás na mesma pota.

Consello Vai de peixe: Dálle emoción á auga de cocción. Engade pementa negra, unha cebola picada, unhas follas de loureiro ou unhas gotas de zume de limón.

Ao forno

Esta técnica require menos utensilios e atención que outras formas de preparación. Só necesitarás unha bandexa, que engraxarás previamente con aceite de oliva, e un reloxo, se o teu forno non ten temporizador. E listo! O peixe cociñarase no seu propio zume, o que potenciará o seu sabor.

Con que acompañalo: Unha cama de verduras variadas cortadas en xuliana.

Consello Vai de peixe: Non esquezas consultar os tempos de cociñado de cada especie para evitar que quede seco.

Á prancha

Chegou o momento de aprender a preparar eses filetes de peixe que tes no teu frigorífico. Pon a tixola no lume, e mentres tanto, pinta cunhas gotas de aceite o peixe. Si, o peixe. Cando a tixola estea ben quente, empeza a colocar as pezas de peixe, sempre polo lado que ten pel.  

Con que acompañalo: Unha ensalada cun toque diferente: de tomates variados, con cítricos ou con queixo e froitos secos.

Consello Vai de Peixe: Se non contas cunha tixola antiadherente, emprega papel de forno ou papel vexetal para evitar que se pegue.