SUSPENSIÓN PROVISIONAL DO CONCURSO ‘VAIDETÁPER’ DEBIDO AO ESTADO DE ALARMA DECRETADO POLO CORONAVIRUS

SUSPENSION-VAIDETAPER

A campaña Vai de Peixe suspende provisionalmente o concurso Vaidetáper debido ao estado de alarma decretado polo coronavirus, que co actual contexto de confinamento impide o total desenvolvemento desta acción. A Fase I do concurso, que prevía estar aberto ata o 2 de abril, relanzarase unha vez remate esta situación e se as circunstancias o permiten e nel incorporaranse as participacións rexistradas ata o de agora como válidas.

Vaidetáper estaba desenvolvéndose no perfil de Instagram da campaña Vai de Peixe, ía dirixido ás mozas e mozos de entre 18 e 35 anos residentes en Galicia e tiña como obxectivo premiar os tres mellores pratos elaborados a base de peixe e marisco e deste xeito animalos a cociñar produtos do mar e amosar o sinxelo que é elaborar pratos saudables e de calidade en pouco tempo.

A acción consistía en que cada persoa participante nesta iniciativa subise a Instagram unha única fotografía co resultado final dunha receita axeitada para levar nun táper e na que polo menos un dos ingredientes principais fose un produto procedente da pesca ou da acuicultura. A imaxe do prato elaborado debía ir acompañada dunha breve descrición con información sobre o seu cociñado.