
En Vai de peixe queremos saber que levas no teu táper cando toca comer fóra da casa. Queremos que nos contes a túa mellor receita, por suposto, cos produtos do mar como protagonistas. Por iso lanzamos o concurso “Vai de táper” co que poderás gañar 2 ABONOS para O Son do Camiño 2020 + unha cea para dúas persoas e o acceso á GRAN FINAL!
Para participar e optar ao premio deberás ser residente en Galicia e ter entre 18 e 35 anos. Se cumpres estes requisitos, estes son os pasos a seguir:
-
Seguir a @vaidepeixe en Instagram
-
Subir unha fotografía a Instagram mencionando a @vaidepeixe, utilizando os cancelos #vaidepeixe e #vaidetaper.
-
Na fotografía debe aparecer o resultado final dunha receita para levar no táper na que un dos ingredientes principais sexa un produto da pesca ou da acuicultura (peixe, marisco ou moluscos). Acompañando a fotografía debes escribir unha breve descrición de como elaboraches a receita.
Con todas as publicacións crearase unha galería de fotos na que se habilitará un sistema de votación. As 3 publicacións máis votadas serán as gañadoras desta Fase I e pasarán á Fase Final.
Podes participar una soa vez e tes de prazo ata ás 11.59 h do xoves, 2 de abril de 2020 (incluído).
Concurso: https://pr.easypromosapp.com/p/888582
A continuación podes ler as bases.