TikTok
Xurelo ao forno con patacas

Xurelo ao forno con patacas

Ingredientes

  • Un xurelo grande
  • Dúas patacas
  • Aceite de oliva
  • Tres dentes de allo
  • Sal
  • Pirixel

Modo de preparación

Se non es moi apañado, pide na peixaría que che limpen o peixe, deixando a cabeza, que o abran ao medio e, se o prefires, sen espiña.

Salga o peixe por fóra e por dentro e colócao nunha bandexa de forno con dúas culleradas de aceite de oliva. Introdúceo no forno quentado previamente a 200 graos. Un cuarto de hora será suficiente para asar o xurelo.

Mentres tanto, corta en láminas tres dentes de allo e dóuraos nunha tixola con aceite de oliva. Engade a pataca cortada en láminas, o sal e deixa refogar a lume medio. O xurelo estará no seu punto.

Sácao do forno, separa os lombos, emprata e engade as patacas. Rega o prato co mollo que queda na bandexa do forno e decora cun pouco de pirixel picado.