TikTok
Xarda en papillota de verduras

Xarda en papillota de verduras

Esta sinxela receita permitirache saborear un dos peixes que máis omega 3 achegan ao organismo.

Ingredientes

  • Dúas xardas fileteadas sen espiñas (pídeas así na peixaría).
  • Pemento vermello
  • Cenoria
  • Cabaciña
  • Limón
  • Cebola
  • Sal
  • Pementa 
  • Aceite de oliva
  • Papel de aluminio

Modo de preparación

Mentres quentas o forno ata alcanzar os 200 graos, corta á xuliana o pemento, a cenoria, a cabaciña e a cebola. Limpa os filetes ou lombos de cabala e sécaos. Corta o limón en toros finos.

Estende o papel de aluminio, un para cada lombo. Coloca nel unha cama coas hortalizas cortadas á xuliana e sobre elas, o lombo de xarda. A continuación coloca uns toros de limón e salpementa cada peza engadindo un chorro de aceite de oliva. Para facer a papillota, dobra o papel de aluminio e pecha e sela cada lombo coma se fose un paquete.

Colócaos nunha bandexa e introdúceos no forno previamente quentado. Tras 12 minutos estará listo para servir.