Obxectivo healthy: máis alá das cinco comidas diarias

Obxectivo healthy: máis alá das cinco comidas diarias

A clave para unha vida saudable está na combinación dunha dieta variada e o exercicio físico

A Guía da alimentación saudable para Atención Primaria e colectivos cidadáns, elaborada pola Sociedade Española de Nutrición Comunitaria (SENC) xunto con outras sociedades científicas referentes en Atención Primaria, explica que os bos hábitos alimenticios son unha ferramenta fundamental para previr enfermidades e acadar unha boa saúde da poboación en xeral. Por tanto, resulta evidente que para obter os nutrientes que o noso organismo require para funcionar correctamente é preciso levar a cabo unha dieta equilibrada que inclúa alimentos principalmente frescos, de tempada e de proximidade. 

Este documento inclúe unha pirámide con grupos de alimentos onde se indica a frecuencia de consumo de cada un deles, separando aqueles que deben ser inxeridos de forma frecuente dos que deben relegarse a ocasións excepcionais: 

CONSUMO OPCIONAL, OCASIONAL E MODERADO

Doces, bolaría, graxas untables, aperitivos salgados

 

Carnes vermellas, procesadas e embutidos

 

Bebidas fermentadas

Consumo opcional, moderado e responsable só en adultos

Suplementos e complementos dietéticos ou nutricionais

Baixo consello dietético profesional

CONSUMO VARIADO DIARIO

Lácteos

2-3-ao día

Pescados, carnes magras, carnes brancas, legumes, froitos secos e ovos

1-3 ao día de maneira alterna

 

 

 

 

Grupos de consumo en cada comida principal

Verduras e hortalizas

 

2-3 ao día

Froitas

 

3-4 ao día

Aceite de oliva virxe extra

 

Pan de fariña de cereais de gran enteiro, pasta integral, arroz integral, patacas, castañas e legumes tenras

Segundo o grao de actividade física

 

Recomendan tamén realizar entre 3 e 5 comidas ao día, seguindo horarios regulares, así como cociñar e comer acompañados.

Como unha dieta equilibrada por si soa non garante un estado óptimo de saúde, esta pirámide de grupos alimenticios complétase con indicacións para manter un estilo de vida saudable, como una correcta hidratación (por suposto, a base de auga -entre 4 e 6 vasos ao día-) e, sobre todo, unha actividade física diaria.

Practicar polo menos 60 minutos de exercicio cada día permite acadar un equilibrio entre as calorías consumidas e o gasto enerxético, o que resulta fundamental para manter un peso axeitado. Ademais, a práctica regular de deporte ten unha serie de beneficios que a Sociedade Española de Dietética e Ciencias da Alimentación recolle dentro das súas recomendacións de alimentación para a poboación española. Entre eles atópanse a mellora do estado de ánimo, o aumento da capacidade pulmonar ou a diminución do colesterol no sangue e do risco de problemas cardiovasculares e outras enfermidades, como a osteoporose.

Millennials, unha xeración de deportistas?

Segundo o grupo estadounidense Goldman Sachs, os millennials manteñen un compromiso diario coa boa alimentación e a actividade física. Para eles, o concepto de saúde vai máis alá de "non estar enfermo", de maneira que fan máis exercicio e comen de forma máis correcta que as xeracións anteriores. 

Os datos ofrecidos por Nielsen Sports nun informe de 2018 indican que esta xeración é unha das máis activas. Un 72% dos millennials fai algún tipo de deporte dúas ou máis veces á semana, sendo o running unha das actividades preferidas e unha das que máis intensamente practican. Ademais, a proliferación actual de wearables e aplicacións móbiles fitness permiten que unha das xeracións máis conectadas non só leve un seguimento da súa actividade, senón que comparta de forma sinxela os seus progresos nas redes sociais.