Coidar os Océanos, sempre necesario

Costa Galicia

Tres cuartas partes do noso planeta son océano. Hoxe celébrase o seu día mundial para recordar a importancia que teñen e a urxente necesidade de incrementar o seu coidado.

Os océanos son fonte de vida e a súa atención é básica e imprescindible. Non podemos esquecer nunca que o desenvolvemento de pequenos actos derivan en grandes beneficios que son froito de xestos que realizamos a diario.

Desde VAIDEPEIXE suxerímosche unha forma de axudar a coidar os océanos: a través do consumo. Como? Elixindo sempre peixes e mariscos de tempada. Tal e como che contamos neste artigo, os animais mariños teñen un ciclo biolóxico. Respectando os períodos de veda e os talles mínimos e sabendo cando debemos mercalos, aseguramos unha correcta reprodución das especies e a súa sustentabilidade. Anímate e bótalle unha ollada, verás que doado é dar pasos para aloumiñar e preservar os nosos océanos.