TikTok
Abadexo á cervexa

Receita abadexo

O abadexo dá múltiples opcións para cociñalo. Hoxe vai unido á cervexa, unha mestura rica e distinta. Este é un prato moi fácil. Aínda que precises un pouco de tempo para a preparación previa, unha vez que a probes será imprescindible no teu libro de receitas.

Ingredentes

  • 4 lombos de abadexo (limpo, sen pel nin espiñas)
  • 4 culleradas de aceite de oliva virxe extra
  • 1 cebola grande 
  • 20 gr de manteiga
  • 2 culleradas de pan relado
  • Herbas aromáticas (as que máis che gusten)
  • 1 botella de cervexa 

Como preparalo

  1. Acende o forno e pono a quentar a 180º.
  2. Pela e pica a cebola, para pochar nunha tixola con AOVE, se engades un pouco de sal ao proceso é máis rápido (ao redor de 5 minutos).
  3. Cando a cebola estea lista poñémola de base nunha fonte de forno, e engadimos algo de AOVE. Por riba desta cama colocamos os lombos de abadexo.
  4. Regamos todo coa cervexa, que quede ben repartida por todo o espazo. 
  5. Sobre os lombos poñemos un pouco de manteiga, herbas aromáticas e pan raiado,  isto ao pasar polo forno convértese nunha capa crocante moi rica.
  6. Deixa todo 30 minutos no forno a 180º, e listo!

Só quedará servir! Podemos engadir un pouco de pirixel picado por riba para darlle máis sabor, e acompañar cunha ensalada, arroz ou patacas.