San Martiño o forno
Logo de preparar esta receita démonos conta de que non pode ser máis sinxela. Anímate a cociñar!
Ingredientes
- 1 San Martiño (pide na peixaría que o limpen e preparen para facer o forno, así a preparación será aínda máis doada e aproveitarás todo o peixe)
- Aceite de oliva virxe extra (AOVE)
- 2 dentes de allo
- Pirixel picado
- Sal
- Limón
- Un vaso de viño branco
Modo de preparación
- Acende o forno e pono a quentar a 180º.
- Mentres, prepara unha salsa con todos os ingredientes (menos o peixe). Ten que quedar todo ben picado e mesturado.
- Nunha fonte de forno pinta o fondo con AOVE, pon o San Martiño e baña coa mestura.
- Mete a fonte no forno: 20 minutos polo primeiro quilo de peixe, se pesa máis recorda engadir 10 minutos por cada quilo ou a parte proporcional do peso en tempo.
- Servir cunha ensalada ou con arroz branco.
