TikTok
Pescada en salsa verde con ameixas

Pescada en salsa verde con ameixas

Esta proposta é unha receita ben fácil e rica. A preparación leva un pouco de tempo, pero merece a pena, e está feita con ingredientes imprescindibles na túa cociña.

Ingredientes

  • 4 pezas de pescada (200 g cada unha)
  • 400 g de ameixas
  • Aceite de oliva virxe extra (AOVE)
  • 2 dentes de allo
  • 1 cebola pequena
  • 1 vaso de viño branco
  • ½ caldo de pescado
  • 1 cullerada de fariña
  • Pirixel fresco
  • Sal
  • Pementa

Como preparalo

  1. Antes de empezar recorda deixar a ameixas polo menos unha hora en auga fría para que se limpen de areas.
  2. Limpa os allos e a cebola e pica todo o máis miúdo que poidas.
  3. Emprega unha pota ampla para que todos os ingredientes teñan espazo entre eles. Pon a quentar (que non se queime!!!) o aceite e engade o allo e a cebola.
  4. Cando estean brandos engade a fariña, o pirixel picado, viño branco e caldo de peixe e remove, eliminando os grumos.
  5. Cociña ata que a mestura quede un pouco consistente (recorda que é mellor remover con utensilios de madeira para non estragar a capa antiadherente das potas).
  6. Cando quede listo engade a pescada, que ten que estar tres minutos de cada lado.
  7. Engade á pota as ameixas, sal e pementa e pon a tapa.
  8. Cando as ameixas estean abertas retira a pota do lume e sirve.
  9. Non esquezas o pan, porque esta salsa está para mollar.