AMEIXAS Á TIXOLA
FÁCIL, RÁPIDO E MOI MOI RICO
Ingredientes (para 1 persoa)
- 1/4 de quilo de ameixas
- 3 dentes de allo
- Aceite de oliva virxe extra
- Auga
- 1 chorriño de viño branco
- Pirixel
- Chile (opcional)
Modo de preparación
Quenta un pouco de aceite nunha tixola e engade o allo e o chile ben picados. Cando empecen a dourarse, incorpora as ameixas. Despois, engade un chisco de auga e o chorriño de viño branco e espera a que reduza. Non esquezas tapar ben a tixola!
Cando as ameixas estean abertas, retíraas cunha escumadeira e colócaas nun prato. Engade un pouco de pirixel á salsa resultante e déixaa ao lume arredor dun minuto. Por último, rega o prato con este mollo.
