Mexillóns ao vapor con aroma de loureiro
O tesouro laranxa do mar
Ingredientes
- 1 quilo de mexillóns
- Unha folla de loureiro
- Auga
- Sal
- Limón
Modo de preparación
Unha das formas máis sinxelas e, ao mesmo tempo, saborosas de degustar os mexillóns de Galicia (D.O.P.), é a súa preparación ao vapor. Para dous ou tres comensais, limpamos un quilo de mexillóns –retirar as barbas e lavar levemente as cunchas; poñemos o produto nunha pota, medio vaso de auga e unha folla de loureiro; tapamos e deixamos ferver ata que os mexillóns se abran.
En tan só 20 minutos poderás desfrutar do potente sabor do mexillón e, se o desexas, podes acompañalo de limón. Servir e desfrutar.
