TikTok
Polbo con garavanzos

Polbo con garavanzos

Se te animaches a preparar polbo e sobrou, proba este guiso exprés. Estará listo en menos de dez minutos!

Ingredientes

  • 1 pata de polbo
  • 1 presa de garavanzos cocidos
  • Media cebola
  • Tomate triturado
  • 1 vaso de auga ou caldo de peixe
  • Sal
  • Comiño
  • Aceite de oliva

Modo de preparación

Nunha tixola cun chorriño de aceite engade a cebola ben picada. Cando comece a dourarse, agrega o tomate triturado, os garavanzos e unha chisca de sal. Cociña todo a lume forte durante un minuto, no que podes aproveitar para cortar o polbo en pequenas rodas.

Despois, engade o polbo, un vaso de auga (ou se o tes, o caldo de peixe) e o comiño e deixa que se cociñe durante cinco ou seis minutos a lume maino.