Aros de lura con mollo de tomate
Unha receita sinxela e para calquera momento. Pon atención e sigue os pasos.
Ingredientes
- Medio quilo de lura
- 1 cebola pequena
- 1 dente de allo
- 3 tomates
- Alfábega
Modo de preparación
Pica a cebola e o allo e sofríteos nunha tixola cando estea ben quente. Corta a lura en aros e engádeos para refogalos durante uns minutos.
Mentres, rela os tomates. Se non tes un relador, podes picalos ben finos coa axuda dun coitelo. Agrégaos á tixola e deixa todo no lume ata que vexas que os aros de lura están tenros. Xa no prato, decora coa alfábega ao teu gusto.
