TikTok
Arroz con mexillóns

Arroz con mexillóns

Tes pouco tempo e queres comer algo rico, san e máis que agradable á vista? Imos cunha receita de arroz con mexillóns! 

Ingredientes

  • 2 latas de mexillóns ao natural
  • 200 gr. de arroz branco
  • 1/2 cebola
  • 1/3 pemento vermello
  • 1/4 pemento verde
  • 2 culleradas de aceite de oliva virxe extra (AOVE)
  • Sal

Modo de preparación

  1. Cocer o arroz.
  2. Ao mesmo tempo, poñer nunha tixola AOVE e pochar a cebola e os pementos. Cando estea branda a verdura engadir os mexillóns uns segundos para darlles un golpe de calor.
  3. Cando estea todo lista facer unha cama de arroz e poñer por riba os mexillóns e as verduras.