Berberechos con lima
Ingredientes
- 2 latas de berberechos ao natural
- 1 lima
- Sal
- Aceite de oliva virxe extra
Modo de preparación
Coloca os berberechos nun recipiente, engade dúas ou tres culleradas do líquido da lata e unha cullerada de aceite de oliva. Despois, espreme ben a lima sobre os berberechos. Se es dos que non lles gusta a polpa, emprega un espremedor!
Deixa macerar todo arredor de dez minutos no teu frigorífico. Cando pase este tempo, retíraos e engade unha chisca de sal antes de servir.
Truco Vai de peixe: este prato xa ten moito sabor por si só, pero se te animas, podes engadirlle un toque picante con caiena ou chile ben picado.