Gambóns con verduras
En Vai de peixe queremos poñerche a vida fácil e por iso che presentamos receitas moi moi ricas, moi moi rápidas e moi moi sás.
Ingredientes
- Gambóns
- Pemento verde
- Pemento vermello
- Espárragos
- Cebola
- Cenoria
- Cogomelos
- Queixo de cabra
- Aceite de Oliva Virxe Extra
- Salsa de soia
Modo de preparación
- Prende o forno ao máximo de calor.
- Mentres tanto pon o AOVE na tixola e saltea as verduras que teñas na neveira ben picadas. Cando estean ao teu gusto bota os gambóns e o queixo de cabra (picado en pezas dun centímetro de grosor).
- Apaga o forno.
- Retira a mestura da tixola para unha fonte adaptada ao forno e engade salsa de soia. Deixa no calor residual do forno 5 minutos.
- Consello: se non che gustan as comidas salgadas engade pouco sal ou ningunha, xa que os gambóns e o queixo achéganlle o toque de sabor do mesmo xeito que a salsa de soia.
