TikTok
Chocos con arroz

Chocos con arroz

Como todas as receitas que vos propoñemos: rica, fácil de preparar e súper sa. Veña, imos aló!

Ingredientes

  • 12 choquiños con tinta.
  • Medio kg de arroz bomba.
  • Unha cabeza de peixe
  • 1 cenoria
  • 1 porro
  • 2 cebolas
  • 3 dentes de allo
  • 1 vaso de viño branco
  • Medio pemento verde 
  • AOVE (Aceite de oliva virxe extra)

Modo de preparación

  1. Primeiro facemos un caldo coa cabeza de peixe, o porro e a cenoria. Cocemos todo nun litro de auga a medio lume durante unha hora. Unha vez estea listo, coámolo e reservamos. 
  2. Quenda para limpar os choquiños. Se son grandes cortámolos en anacos. Reservamos a tinta. Se aínda non te manexas, podes pedir que chos limpen na peixaría e que che dean a tinta aparte. 
  3. Nunha paelleira ou nun cazo grande de barro rustrimos o allo, a cebola e o pemento ben picadiños en AOVE. 
  4. Cando a cebola comece a transparentar engadimos os choquiños e refogamos durante uns minutos. 
  5. Agregamos viño branco e deixamos que se faga 5 minutos. Cando vexamos que o viño reduciu engadimos o caldo de peixe e sal ao gusto. 
  6. Engadimos tamén a tinta e comprobamos que a carne dos chocos comeza a estar branda. 
  7. Engadimos o arroz, removemos e cociñamos a lume medio durante 15 minutos. 
  8. Deixamos repousar 5 minutos antes de servir.