TikTok
Receita de pescada á galega

Pecada

Imos cunha receita clásica entre as clásicas: pescada con patacas e allada. Seguro que estades fartos/as de comela na casa pero, cantas veces a fixestes vós? Veña, imos ver o proceso paso a paso.

Ingredientes

  • 2 lombos de pescada
  • Aceite de oliva virxe extra
  • Pemento doce
  • Cebola
  • 4-5 patacas
  • Loureiro
  • 2 dentes de allo
  • Sal

Modo de preparación

  1. Lavamos as patacas, pelámolas e cortámolas en toros iguais.
  2. Pelamos e picamos unha cebola en anacos grandes.
  3. Poñemos unha pota no lume chea de auga ata a metade.
  4. Engadimos as patacas, a cebola, o loureiro e botámoslle sal a todo. Cocemos durante máis ou menos 20 minutos.
  5. Baixamos o lume para que auga quenza pero non ferva e engadimos a pescada. Cocemos todo durante aproximadamente 10 minutos.
  6. Mentres podemos preparar a allada. Para isto picamos os allos en láminas. Botamos AOVE nunha tixola e douramos os allos (procuraremos non queimalos). Apartamos do lume a tixola e engadimos o pemento doce. Remexemos todo ben e reservamos.
  7. Unha vez as patacas e a pescada estean feitas, empratamos e engadimos a allada por enriba.

É que non pode ser máis fácil e non pode estar máis boa.