Ensalada de bonito e anchoas
Ingredientes
- Leituga
- Tomates cereixa
- Media cebola morada
- Olivas negras
- 1 lata de bonito en aceite de oliva
- 1 lata de anchoas en aceite de oliva
- 1 ovo
- Aceite de oliva
- Vinagre
- Sal
- Pementa negra
Modo de preparación
Pon o ovo a cocer e mentres o deixas ao lume, lava ben as verduras. Separa as follas da leituga, pica a cebola e parte os tomates cereixa á metade. Escorre o aceite das anchoas e do bonito. Mestúrao todo nun recipiente e alíñao con aceite, vinagre e sal.
Cando o ovo estea listo, pélao e párteo en anacos grandes. Empoa unha chisca de pementa negra sobre el e incorpórao á ensalada. Lista!
