Pasta Mariñeira Exprés
Ingredientes
- 1 ración da túa pasta preferida
- 1 vaso de caldo de peixe
- 1 lata de mexillóns ao natural
- 1 pemento italiano vermello
- 1 dente de allo
- Pirixel
- Aceite de oliva
Modo de preparación
Pon a cocer a pasta en auga abundante cunha presa de sal. Nós escollemos espaguetes.
Mentres tes a pasta no lume, quenta nunha tixola un chorriño de aceite de oliva, sofrite o dente de allo ben picado e doura un pouco o pemento cortado en rodas.
Cando a pasta estea lista, volve a metela na pota, engade o caldo de peixe, o contido da tixola e os mexillóns previamente escorridos. Remove todo ben ata que o caldo se evapore. Por último, decora no prato co pirixel.
