Paté de sardiñas
Co bo tempo e coa calor apetece comer lixeiro. Un paté é unha solución perfecta.
Ingredientes
- 2 latas de sardiñas en conserva en aceite de oliva
- 2 culleradas sopeiras de ceboliño ben picado
- 1/2 zume de limón
- 100 g. de queixo crema de untar
- Sal e pementa negra moída
Modo de preparación
- Escorre as sardiñas e esmiúzaas nunha fonte.
- Agrega o queixo crema, o zume de limón, unha miga de sal e pementa, agrega o ceboliño e volve a mesturar.
- Garda na neveira ata o momento de servir.
- Serve con tostas, pan ou galletas salgadas.
