Hamburguesa de pescada

Ingredientes
- 2 rodas de pescada
- 1 ovo
- 1 cebola
- 1 dente de allo
- Pan raiado
- Especias ao gusto
Como preparalo
Separa ben a pel da pescada e esmiuza a súa carne nun bol. Recomendámosche facelo coas mans para asegurarte de que non deixas ningunha espiña. Engade o ovo batido, a cebola e o allo ben picados e o pan raiado.
Chega a quenda das especias: en Vai de peixe escollemos pirixel, pementa branca e cúrcuma, que lle darán unha tonalidade moi apetecible.
Remove ben cun garfo ata que teñas unha masa homoxénea. Despois, forma bolas de igual tamaño, esmágaas coas mans e engade un chisco máis de pan raiado. Quenta unha tixola cun pouco de aceite de oliva e quenta as hamburguesas ata que estean ben douradas por ambos lados.
E para acompañar? Tomate, pemento e puré de pataca.